O Concello de Mondoñedo colabora coa XXXI Concentración Mototurística Invernal de Galicia Ruta N-634, que terá lugar os días 14 e 15 de marzo.

A pre inscrición, por un prezo de 29 euros, está aberta ata este venres, 6 de marzo. Cada inscrición será de 32 euros e inclúe camiseta, pin e imán artesán do Alfar de Mondoñedo (As formas da Terra).

A concentración dará comezo o sábado 14 cun pincho de benvida a base de empanada de Mondoñedo e cervexa. A inscrición inclúe a cea do sábado con queimada e o almorzo do domingo 15, ademais de pinchos na ruta do domingo máis o xantar.

As actividades inclúen tamén un toro mecánico, animación, agasallos, o sorteo dun tatoo, música a cargo dun DJ durante toda a tarde e festa nocturna para todos a cargo do grupo Oca Band na praza da Catedral. Haberá carpa.