O Concello de O Vicedo e a APA do colexio público organizan unha edición especial do Samaín. Trátase dun concurso de fotografías relativas a esa celebración.

O Concello de O Vicedo e a APA organizan unha programación especial do Samaín, por mor do Covid, e convidan aos nenos e nenas a enviar fotografías relativas a esta data.

O Concello comunica que polas limitacións do Covid non se vai poder facer o tradicional percorrido polas rúas da vila. Por iso anima a tod@s a enviar unha fotografía da casa decorada con motivos do Samaín ou vestidos para a ocasión, ou un debuxo ou foto dunha cabaza pintada. A actividade está destinada aos nenos e nenas do Colexio do Vicedo.

As fotografías poden enviarse por mail a apuntes@concellodovicedo.org, antes do mércores 28 de outubro, ás 19:00 horas.

Todos aqueles que manden ese correo electrónico serán visitados na casa para recibir un agasallo especial Samaín. Ademais as fotografías autorizadas serán publicadas en redes sociais do Concello e APA.