A Fonsagrada

12/01/2018

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Fonsagrada para degustar o tradicional cocido dese municipio. Será o día 21 deste mes, domingo, e os participantes tamén visitarán Meira e Santa Eulalia de Oscos.

O prezo para participar na excursión é de 35 euros por persoa e inclúe almorzo, comida do cocido típico da Fonsagrada, o desprazamento en autocar e o seguro de viaxe obrigatorio.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

 

 

04/12/2014
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha saída pola Fonsagrada para o próximo domingo 14 de decembro.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá prepara xa a que será a súa derradeira andaina deste ano 2014. Desta volta, como non podía ser doutro xeito, toca pisar terras de A Fonsagrada, para disfrutar da ruta Fornaza-Praia Fluvial da Pena do Inferno, que ten unha distancia duns 10 km e a dificultade é media. Ao rematar a ruta xantarase un Súper Cocido nun coñecido restaurante da zona. Sairase ás 08:15 horas do Cantón de Lourenzá. E moi importante levar botas e bastón. O prazo de inscrición remata o xoves 11 de Decembro ás 14:00, nos teléfonos 982 121006 (Pepe), 658 097133 (Miguel) ou a través do correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com. O prezo será de 25€ para os socios e de 30€ para os...
leer más
10/11/2014
CELSO DOURADO INAUGUROU ESTA FIN DE SEMANA A SÚA EXPOSICIÓN REPRESALIADOS NO MUSEO ETNOGRÁFICO DA FONSAGRADA.

 

O artista barreirense Celso Dourado, inaugurou o pasado sábado, 8 de novembro, a súa exposición Represaliados no Museo Etnográfico da Fonsagrada. A mostra consta de dez cadros que repasan a historia do Comandante Moreno e os doce homes que formaron parte do Batallón Galicia, que foron asasinados e enterrados no ano 1937, nunha fosa común do Acevo. Os seus corpos foron exhumados finalmente no ano 2007, un acto que serviu de inspiración a Celso Dourado para comezar a traballar na obra que agora presenta e que estará previsiblemente exposta no Museo Comarcal ata finais de ano.

 

...

leer más