A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha saída pola Fonsagrada para o próximo domingo 14 de decembro.

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha saída pola Fonsagrada para o próximo domingo 14 de decembro.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá prepara xa a que será a súa derradeira andaina deste ano 2014. Desta volta, como non podía ser doutro xeito, toca pisar terras de A Fonsagrada, para disfrutar da ruta Fornaza-Praia Fluvial da Pena do Inferno, que ten unha distancia duns 10 km e a dificultade é media. Ao rematar a ruta xantarase un Súper Cocido nun coñecido restaurante da zona. Sairase ás 08:15 horas do Cantón de Lourenzá. E moi importante levar botas e bastón. O prazo de inscrición remata o xoves 11 de Decembro ás 14:00, nos teléfonos 982 121006 (Pepe), 658 097133 (Miguel) ou a través do correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com. O prezo será de 25€ para os socios e de 30€ para os non socios.A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá anima a tódolos amantes do sendeirismo e da natureza a disfrutar desta fermosa ruta.
 
Por outra banda, A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebrará a súa Asemblea Xeral Ordinaria o vindeiro Venres día 26 de Decembro de 2014, ás 21:00 horas no Salón de Actos da Casa do Concello de Lourenzá.