Xóvenes

Etiquetas:
26/06/2018

O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, pon en marcha a II edición do Programa Avívate en Cervo, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, logo da boa acollida que tivo na pasada edición.

O programa, que comezará o 2 de xullo, engloba un curso de monitor de tempo libre, un curso de manipulador de alimentos e un terceiro de primeiros auxilios, como actividades principais.

A iniciativa completarase cunha visita á Escola Infantil Municipal onde as persoas participantes recibirán unha charla sobre o seu funcionamento; que terá lugar o 8 de agosto. Tamén está programado o obradoiro “Non desesperes…Relax”, que é unha xornada de ioga impartida por unha especialista na Casa do Mar de San Ciprián.

As inscricións son de balde e as prazas son limitadas. As persoas interesadas...

leer más
Etiquetas:
24/05/2018

O sábado, 26 de maio, ás 20.00 horas no auditorio da Casa da Cultura actuará a Xormubu (Xove Orquestra de Burela), agrupación pertencente á Escola Municipal de Música burelesa.

Segundo explica Xan Carballal “esta agrupación naceu fai anos co fin de impulsar a educación musical clásica e está formada por alumnos e profesores da Escola”.

O director da Escola de Música de Burela sinala que “nesta ocasión o programa que se vai presentar son obras de diferentes estilos onde cabe destacar a intervención da alumna Amanda López López, quen con so 13 anos tocará unha obra escrita por Camile Saint Saens para violonchelo. Nesta obra tamén destaca o papel do alumno de viola Alexi López Martinez, que realizou a coreografía representada por el mesmo”.

O programa é o seguinte
O...

leer más
Etiquetas:
03/05/2018

A Concellería de Cultura de Foz organiza o VI Festival de Voces Xóvenes, que nesta edición terá lugar na igrexa parroquial focense. A primeira actuación será mañá, venres, ás 20:30 horas e correrá a cargo do Coro do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo.

O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo, anuncia que “este venres, día 4 de maio, dará comezo o sexto Festival de Voces Xóvenes A Capella. A novidade este ano é que se traslada á igrexa parroquial”.

Ánxel Paleo explica que “este venres dará comezo co Coro do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, ás oito e media. O venres 25 de maio, tamén ás oito e media, virá o Grupo Vocal Entrelas, da Coruña. Para pechar o festival o 1 de xuño ás nove da noite teremos o Coro da Escola de Música de Foz”.

O edil de Cultura en Foz salienta que “é un...

leer más