A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión á Fonsagrada para degustar o tradicional cocido. Será o 21 de xaneiro.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Fonsagrada para degustar o tradicional cocido dese municipio. Será o día 21 deste mes, domingo, e os participantes tamén visitarán Meira e Santa Eulalia de Oscos.

O prezo para participar na excursión é de 35 euros por persoa e inclúe almorzo, comida do cocido típico da Fonsagrada, o desprazamento en autocar e o seguro de viaxe obrigatorio.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.