O Concello de Ourol organiza un curso de baile tradicional galego. Dará comezo en febreiro. A inscrición está aberta.

A delegación de Cultura, Xuventude e Deporte do Concello de Ourol organiza un curso de baile tradicional galego.

Esta actividade está dirixida a todas as idades e dará comezo no mes de febreiro.

As persoas interesadas deben anotarse antes do 30 de xaneiro, na Casa da Cultura ou chamando ao número de teléfono 982 55 90 19. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.