O Concello de Trabada organiza diversas actividades do 12 ao 16 de agosto na semana das festas patronais, que non se celebran polo covid-19.

O Concello de Trabada organiza unha programación cultural para a semana das festas patronais, que este ano non se celebrarán por razóns de saúde pública.

Todas as actividades terán lugar na Praza do Concello e a programación, dirixida a todos os públicos, da comezo este mércores, 12 de agosto, con Cine na Rúa. Proxectarase A galiña turuleca, ás 22:00 horas. Pero hoxe, por razóns climatolóxicas, esta sesión de cine trasladarase ao pabellón polideportivo municipal.

O xoves 13 ás 13:00 horas presentarase o espectáculo As parábolas de Pakolas. O venres 14 Compañía 10 ofrecerá Contiguo Novo Circo ás 19:30 horas; e proxectarase a película Grease ás 22:00 horas.

O sábado 15 no Festival Bal y Gay, o Quintento InVento presentará Pedro y el Lobo ás 20:00 horas; e haberá outra sesión de Cine na Rúa con Pradolongo ás 22:00 horas.

E o domingo, 16 de agosto, Teatro O Cubo porá en escena Ghop! ás 19:30 horas; e no ciclo Cine na Rúa ofrecerase Vilamor ás 22:00 horas.