O Concello de Trabada organiza un campamento de Nadal do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. A inscrición está aberta ata o día 20

O Concello de Trabada organiza un campamento de Nadal dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que estean empadroados en Trabada ou que teñan familiares empadroados aquí coa finalidade de promover a conciliación da vida laboral e familiar das familias.

Desde o Concello explican que “imos contar cunha programación ampla e variada, dende obradoiros de manualidades e de cociña, actividades interxeracionais cos maiores, proxección de películas ou contacontos así que non dudedes en anotarvos. Tedes prazo ata o 20 deste mes”.