O Concello de Viveiro organiza actividades virtuais sobre Carballo Calero do 17 ao 19 de maio para celebrar o Día das Letras Galegas.

O Concello de Viveiro organiza unha serie de actividades, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que desenvolverá a través das redes sociais debido á situación polo estado de alarma.

O domingo, 17 de maio, intervirán Raquel Queizás, co conto tradicional galego Coidado, e David Catá coa adaptación do himno galego.

O luns, día 18, participará o Cronista Oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, quen presentará unha biografía sobre Carballo Calero ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas; e David Bellas que ofrecerá unha interpretación musical.

Rematará o programa o martes 19 coa intervención de Suso Martínez cun vídeo dramatizado sobre Carvalho Calero.

O Concello de Viveiro convida a escribir ou debuxar a palabra favorita do galego, pendurala nas fiestras e subila ás redes sociais empregando o hashtag #Viveirocoasletras. Ademais o nome de Ricardo Carballo Calero engadirase ao vinilo existente na Biblioteca Pública Municipal no que constan os nomes de todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas dende o inicio desta celebración.