O Concello de Viveiro organiza unha nova edición das visitas guiadas gratuítas, que haberá todos os días do 1 de xullo ao 30 de setembro.

O 1 de xullo, xoves, comeza unha nova edición das visitas guiadas gratuítas organizadas polo Concello de Viveiro. Ese día consistirá nun percorrido no Vivertren de Covas a Celeiro. O venres 2 será polo casco histórico, o sábado 3 farán unha ruta polo monte San Roque e o domingo 4 haberá un percorrido no Vivertren ao Souto da Retorta.

Para participar nesta actividade gratuíta, que se desenvolverá todos os días ata o 30 de setembro, é necesaria reserva previa e o aforo é limitado. As saídas son ás 11:00 horas desde a estación de autobuses de Viveiro.

Os interesados en obter máis información e facer a reserva poden facelo a través do correo viveirovisitas@gmail.com ou do teléfono 634.631.641.