O Concello de Xove e a Balea Verde organizan a Camiña Nocturna Perseidas o 12 de agosto.

O Concello de Xove, xunto coa asociación A Balea Verde, organizan a Camiñata Nocturna Perseidas, unha andaina para ver esta espectacular chuvia de estrelas, tamén coñecida como as lágrimas de San Lorenzo.

Esta ruta terá lugar o 12 de agosto, saíndo as 23:00 horas dende A Balea Verde, na Praia de Morás. Terá unha duración aproximada de dúas horas, e deberase levar luz frontal ou lanterna, bastóns e esterilla ou manta.

As prazas son limitadas, as persoas interesadas en acudir poderán inscribirse na OMIX ata o venres, 12 de agosto.