O Concello de Xove organiza unha quedada para recoller residuos na zona costeira este domingo, 21 de abril

O Concello de Xove, a través das delegacións municipais de Servizos Sociais e de Medio Ambiente, organiza unha quedada para recoller residuos impropios na zona costeira do municipio. Será este domingo, 21 de abril, de 11 a 15 horas.

A actividade comezará cunha charla impartida pola asociación A Mariña sen plástico, que será ás 11:00 horas.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove ou a través do teléfono 982.571.816. O prazo remata este sábado, 20 de abril.