O Concello do Valadouro celebra o Día da Clase Obreira e da Nai con cinema o 30 de abril. A entrada é de balde.

O Concello do Valadouro celebra o día da clase obreira e da nai coa proxección de Os Fenómenos este sábado, 30 de abril, ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura. A entrada é de balde. 

Para conmemorar o día internacional da clase obreira e ó mesmo tempo o día da nai a Delegación de Cultura do Concello do Valadouro rende unha pequena homenaxe a todas as nais e ós traballadores e traballadoras.

Desde o Concello explican que “a nosa protagonista regresa co seu bebé á súa cidade natal en Galicia. Cando regresa, todo é difícil e só consegue un traballo de obreiro da construción. Sofre a dureza do traballo e o feito de ser muller nun traballo masculino, pero consegue superalo con valentía e en compañía da súa tripulación comezan a ser coñecidas polo construtor como Os Fenómenos pola súa habilidade para construír metros cadrados. No medio do boom do ladrillo, consegue gañar moito diñeiro na construción e comeza a albergar novos soños, que se irán truncando pouco a pouco co comezo da crise”.