O Concello do Valadouro organiza un curso de defensa persoal os días 11 e 18 de xuño. Inscrición aberta.

O Concello de O Valadouro organiza un curso de Defensa Persoal que se celebrará os días 11 e 18 de xuño.

A actividade desenvolverase no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro en horario de 11:00 a 13:00.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 27 de maio na Casa da Cultura en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 ou no número de teléfono 982 148 153.

O curso está orientado a homes e mulleres maiores de 16 anos e o obxectivo é aprender a defenderse dunha agresión. Será impartido polo instrutor nacional de defensa persoal, Julián Martín, quen estará asistido por Alberto Leivas.