O Coro da Mariña actúa o 29 de novembro no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, dentro do Outono Cultural que organiza Pensamento e Sementeira.

O colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro, seguindo co seu Outono Cultural, organiza este xoves, 29 de novembro, unha actuación do Coro da Mariña. Terá lugar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a partir das 20:30 horas. A entrada é libre ata completar aforo.

O Coro da Mariña está co dirixido por Ugía Pedreira e Pierrot Rougier. A formación naceu hai uns meses e nela participan arredor de trinta persoas procedentes de distintos puntos da Mariña. O repertorio que interpretan é moi variado e de temática mariñeira.