O cuarteto de arpas Lulavai ofrecerá un concerto especial de Nadal o 16 de decembro en Foz. Será na Sala Bahía.

O cuarteto de arpas Lulavai ofrecerá un concerto especial de Nadal este sábado, día 16, ás 19:30 horas na Sala Bahía, de Foz. Esta actuación, con entrada gratuíta, forma parte da programación cultural do Concello de Foz para este mes de decembro. 

O departamento de Cultura do Concello de Foz explica que “Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz forman Lulavai, un insólito cuarteto no que o protagonismo das arpas celtas e o doce son das súas voces dan vida a unha formación única que fai a delicia dos espectadores. Temas de composición propia, sen perder o referente da música tradicional, e pinceladas de músicas do mundo, clásica, jazz, … darán forma a este concerto de orixinais e evocadores sons”.