O Espazo Caritel, situado na parroquia focense de San Martiño, reabriu as súas portas con visitas guiadas de martes a domingo.

O Espazo Caritel aposta por normalizar o día a día. Dende a pasada semana está aberto con dúas visitas diarias, sempre guiadas,  no seguinte horario: de martes a sábado ás 11.45 horas (mañás) e ás 18 horas (tardes). E os domingos hai unha visita programada para ás 12 do mediodía. 

Desde o Espazo Caritel engaden que “paara grupos ou persoas interesadas en visitas fora do horario establecido, póñanse en contacto previamente con nós. Información e contacto: Teléfonos 982132694 // 659773916 e espazocaritel@gmail.com”.