O Festival Infantil do Entroido 2019 en Barreiros terá lugar o 3 de marzo. Haberá desfile, baile, xogos máxicos e photocall.

A Concellería de Cultura organiza o Festival Infantil do Entroido 2019 o 3 de marzo. A festa terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro entre as 17:30 e as 20:15 horas.

Haberá un desfile infantil de disfraces con agasallos, bailes en grupo, xogos máxicos e photocall. Desde o Concello advirten que “nas actividades os menores deberán estar acompañados dun responsables desa rapaza ou rapaz”.

Os números de dinamización e maxia correrán a cargo de Chrystyan Magic. No Festival Infantil do Entroido 2019 en Barreiros tamén participarán Os Cabezudos.