O Festivaliño presenta o 24 de marzo "Valentina" en Viveiro. E o 25 celebrarase o espectáculo "A música e a palabra".

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá este xoves, 24 de marzo, o Festivaliño 2022 que presenta Valentina.

De 10:00 a 12:00 horas terá lugar a representación para os colexios de infantil e primaria de Viveiro e ás 18:00 horas para o público xeral.

É unha película dirixida por Chelo Loureiro coas voces de Andrés Suárez, María Manuela, Uxía e Pilocha.

O Teatro Pastor Díaz acollerá ademais este venres, 25 de marzo, o espectáculo A Música e a Palabra coa actuación do grupo de corda do Conservatorio de Música de Viveiro e o grupo de teatro Andanzas de Viveiro. Dará comezo ás 20:00 horas e a entrada é de balde.

A reserva pódese facer no número de teléfono 982 56 01 62 ou en rbg.cultura@viveiro.es