O grupo de música infantil a Banda do Cueiros actúa o 28 de abril na Sala Bahía, en Foz. Organiza a ANPA da Escola de Música.

Este sábado, 28 de abril, celébrase en Foz un concerto a cargo do grupo de música infantil A Banda dos Cueiros, que terá lugar na Sala Bahía ás 12:30 horas.

Este grupo fai música para pícaros e pícaras de 0 a 8 anos, e naceu ao abeiro de Espazo Lector en Gondomar.

A actuación está organizada pola ANPA da Escola de Música de Foz, en colaboración coa profesora de Música e Movemento da Escola. Os grupos de nenos e nenas que cursan esta asinatura van participar tamén no concerto, acompañando nun par de cancións á agrupación.