O grupo musical focego Son's Varadero actúa o 31 de marzo na Casa da Cultura de Alfoz.

O grupo musical Son´s Varadero, de Foz, ofrecerá unha actuación o día 31 de marzo, venres, no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz.

Este concerto, organizado polo Concello de Alfoz, será a partir das 20:30 horas e con entrada de balde.

Son´s Varadero é unha agrupación musical que foi creada en Foz en 2017, está formada por seis compoñentes e no seu repertorio destacan os boleros, os pasodobres, a música folk e cancións populares.