O I Festival do Guioncho terá lugar en San Ciprián o 13 de abril. O cartel inclúe a El Combo Dominicano e Waikas

O Concello de Cervo anima a asistir ao I Festival do Guioncho que terá lugar, da man da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, o 13 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e por unha representación da asociación que se encarga do evento  que terá como cabeza de cartel a El Combo Dominicano, acompañado pola orquestra Waykas.

A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18:00 horas.

Haberá tamén servizo de autobuses con saída ás 22:00 horas desde Viveiro e Burela.