O II Callo Fest, que organiza Amigos da Troula, terá lugar o 28 de decembro na Praza dos Campos, en San Ciprián.

A asociación Amigos da Troula organiza a segunda edición do festival Callo Fest, que se celebrará o 28 de decembro na Praza dos Campos, de San Ciprián.

No Callo Fest deste ano actuarán: Supernatural, MCkuin –tributo a Queen, The Lazy Bones e Pegas Negras.

Ademais haberá un ensaio das badaladas de fin de ano con Disco Móbil e  ao remate serviranse callos de balde.

Colaboran: Concello de Cervo, Deputación de Lugo, Gadis, Buenavista Hotel Restaurante e 3agermeifter.