O II Torneo de Pádel Concello de Viveiro dispútase do 5 ao 10 de setembro.

O Concello de Viveiro presentou a segunda edición do seu Torneo de Pádel, que terá lugar entre o martes día 5 de setembro e o domingo día 10. Participaron na presentación deste novo evento deportivo a alcaldesa; María Loureiro; a primeira tenente de alcaldesa, Míriam Bermúdez; o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín; e membros da organización. 

O II Torneo de Pádel Concello de Viveiro consta de cinco categorías: primeira masculina, segunda masculina, terceira masculina, mixta e feminina. 

Pode solicitarse máis información sobre o evento nos números de teléfono 609.867.016 e 635.549.330. Ademais do Concello de Viveiro e o Club de Pádel Viveiro, participan na organización a Deputación de Lugo, o Hotel Ego e o Hotel Viveiro.