O IV Ribadeo Indiano, que se celebrará do 7 ao 9 de xullo, foi presentado na Deputación de Lugo.

O Deputado de Goberno Interior e Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez ea e Concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local de Ribadeo, Ana Mª Martínez, presentaron este venres na Deputación, a programación do IV Ribadeo Indianoque se celebrará dende o 7 ata o 9 de xullo nesta vila. O Goberno da Deputación colabora con esta iniciativa con 6.000 euros, sendo a unica administración, xunto co Concello, que financia este evento.

Álvaro Santos remarcou a aposta do Goberno da Deputación por promover o turismo na provincia. “A achega económica que realiza o organismo provincial a esta cita turística que xa está consolidada, é un investimento real e directo para promocionar toda a mariña lucense. Nesta edición comprobamos, no extenso programa, que está moi especializada, por iso cada ano atrae a máis visitantes”. Lembrou que a Deputacióndestina 330.000 euros a 70 citas turísticas na provincia. 

Fernando Suárez convidou a todos os visitantes a ver a transformación de toda a vila de Ribadeo, e na que se poderá revivir a recreación dun recuncho de Cuba, Uruguai ou de Arxentina ou de calquera dos destinos que tivo a emigración de finais do S.XIX. Lembrou ademais a importancia deste evento turístico que na pasada edición tivo unha repercusión económica de 3 millóns de euros, e na que hai unha implicación absoluta de todos os veciños e de todos comerciantes da vila. Ademais explicou, que “non só están engalanadas as rúas do centro, senón todas as parroquias onde a emigración deixou a súa pegada como A Devesa e Rinlo, onde se poderán visitar as súas casas indianas”.

Ana María Martínez presentou a programación desta nova edición. “Este Ribadeo Indiano contarácon conferencias, animación teatral, representación músico poética, festival de habaneras, actuacións musicais, mercado de produtos ultramar, visitas a casas indianas, taller de baile, xogos populares, xincana, pasarrúas, billarda, son un total de 40 actividades da que poderán desfrutar os visitantes”. A Tenente de Alcaldedestacoucomo novidade, a exposición fotográfica titulada “Os adeuses”, de AlbertoMartí, que reflicte o éxodo galego a América entre 1957 e 1963. 

Ademais lembrou que na inauguración, o venres 7 ás 5 da tarde, realizarase o redescubrimento da placa da rúa Bos Aires de Ribadeo, acto ao que asistirá o Embaixador da República Arxentina, Federico García Puerta. Tamén convidou aos visitantes a retrátarse no photostand, ou visitar os restauranteslocais para degustar a gastronomía indiana. Avanzou que para reservar calquera das actividades programadas con prazas limitadas, pode facerse no teléfono 982 128 689, no correo turismo@ribadeo.org ou na oficina de turismo de Ribadeo.

Programación

Venres 7 de xullo
17.00h. No Auditorio Municipal desta vila. REDESCUBRIMENTO DA PLACA “Rúa Bos Aires” (agasallo do insigne “Centro Ribadeo y sus distritos“ ao Excmo. Concello de Ribadeo no ano 1934).
18.00h. No Teatro desta vila. PRESENTACIÓN da IV Edición do Ribadeo Indiano.
18.15h. No Teatro sito na rúa San Roque. CONFERENCIA: “Ribadeo en Cuba, no Uruguai e na Arxentina” a cargo do investigador Martín Fernández Vizoso.Licenciado en Filosofía e Letras e xornalista especializado na recuperación da memoria da emigración.
19.30h. No Teatro desta vila. REPRESENTACIÓN MÚSICO POÉTICA . “Nostalxias” a cargo do afamado grupo O Tren de Moebius.
20.00h. BAIXADA AO HISTÓRICO PORTO DE PORCILLÁN. “Os Adeuses”. ANIMACIÓN TEATRAL a cargo do reputado Grupo de Teatro de Ribadeo e acompañado do egrexio grupo de música Cuarteto Tradicional Illa Pancha.
21.00h. No tradicional peirao de Porcillán. “Os Adeuses” coa ANIMACIÓN TEATRAL a cargo das admiradas actrices e distinguidos actores do Grupo de Teatro de Ribadeo.
21.15h. SUBIDA DENDE O PORTO con recreación musical a cargo dos célebres grupos Versiones al Paso, Son de Cuba e Maleta de son, con parada nas insignes escaleiras de Martínez, na popular Fonte dos Catro Canos e na memorable Praza de Abaixo.
22.00h. No quiosco da Música do histórico Parque de San Francisco. PREGÓN a cargo do prócer ribadense José María Alonso y TrellesJarén, coñecido como “El Viejo Pancho”.
22.30h. No quiosco da Música. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo da recoñecida Banda Municipal de Música de Ribadeo.
23.30h. No quiosco da Música. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo de Versiones al Paso.
00.30h. No quiosco da Música. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo de Son de Cuba.

Sábado 8 de xullo
11.00h. No indiano barrio de San Roque. Apertura do concorrido MERCADO DE PRODUTOS DE ULTRAMAR.
11.00h. En Rinlo. VISITA á fermosísima CASA INDIANA do admirado benefactor Don Inocencio. Previa reserva*
12.00h. Na popular Praza de Abastos desta vila. A CHEGADA DOS HAIGAS (exhibición de coches clásicos). A tecnoloxía feita sinfonía.
12.00h. PASEO CULTURAL polo gran legado Indiano comentado polo ilustre ribadense D.Xosé María Alonso de Trelles, o noso ben estimado “Viejo Pancho”. Previa reserva*
12.00h. EnRinlo. VISITA á marabillosa CASA INDIANA do lembrado benefactor Don Inocencio. Previa reserva*
12.30h. Na praciña de San Roque desta vila. OBRADOIRO INFANTIL de xogos populares.
12.30h. No prestixioso Teatro da Rúa San Roque. CHARLA-CONFERENCIA:“Voces e imaxes da Mariña na emigración”.
13.00h. PASARRÚAS a cargo do ameno grupo de mariachisHispanoamérica.
13.30h. No histórico barrio de San Roque. ACTUACIÓN MUSICAL “Cantando Habaneras”a cargo da gran promesa musical Coro Infantil e xuvenil Sagrado Corazón e da Coral Polifónica de Ribadeo.
16.00h. PASARRÚAS a cargo do divertido grupo de mariachisHispanoamérica.
17.00h. XINCANA. Anímense a participar nunha aventura chea de risco e de emocións. Previa reserva**
17.00h. PASEO CULTURAL polo gran legado Indiano escoitando os comentarios do memorable ribadense D.Xosé María Alonso de Trelles, o noso ben estimado “Viejo Pancho”. Previa reserva*
17.00h. EnRinlo. VISITA á afamada CASA INDIANA do benquerido ribadense Don Inocencio. Previa reserva*
17.30h. No fermoso Parque de Indianos da tradicional Rúa Virxe do Camiño. II GRAN ABERTO DE QUIMBUMBIA (Billarda) do Ribadeo Indiano.
18.00h. EnRinlo. VISITA á vistosa CASA INDIANA do prezado ribadense Don Inocencio. Previa reserva*
18.00h. No Quiosco da Música desta vila. TALLER DE BAILE “100% Baile” a cargo do enxebre grupo de música Os Cempés.
18.00h. PASARRÚAS a cargo da amena charanga Os Charangos.
19.00h. No Teatro desta vila.CONFERENCIA: “Emigrar e retornar” a cargo do insigne catedrático D. RamonVillares Paz, Presidente do CCG (Consello da Cultura Galega).
20.30h. No belido Barrio de San Roque, e coroado polas xoias da arquitectura indiana ribadense. XXIII FESTIVAL DE HABANERAS E MÚSICA IBEROAMERICANA “RÍA DE RIBADEO“.
23.00h. No ameno quiosco da Música. Recreación dunha VERBENA TRADICIONAL a cargo dos excelentes grupos de música Os Cempés e Son al Son.
Ao longo de tan festiva xornada de seguro desexaremos repoñer enerxías nas excelentes Casas de Comida e Bebida da vila.

Domingo 9 de xullo

10.00h. Na bulideira Praza de Abastos. GRAN MERCADO DA HORTA.
11.00h. PASARRÚAS a cargo da memorable Asociación Amigos da Gaita.
12.00h. PASEO CULTURAL polo relevante legado Indiano comentado polo prócer ribadense D.Xosé María Alonso de Trelles, o noso ben estimado “Viejo Pancho”. Previa reserva
13.00h. No Quiosco da Música desta vila. ACTUACIÓN MUSICAL da afamada e prezada BandaMunicipal de Música de Ribadeo.
14.00h. No Circulo Habanero da histórica parroquia da Devesa. XANTAR CAMPESTRE. Previa compra de tickets***
17.00h. PASEO CULTURAL polo prestixioso legado Indiano de Rinlo e da Devesa, comentado polo ilustre ribadense D.Xosé María Alonso de Trelles, o noso ben estimado “Viejo Pancho”. Previa reserva*
18.30h. No outrora dinámico centro cultural do Circulo Habanero. REPRESENTACIÓN TEATRAL “De Vello Gaiteiro” a cargo do famoso Grupo de Teatro Pico do Castro, de Foz.
20.30h. No Círculo Habanero. ACTUACIÓN MUSICAL do innovador e sobresaínte Coro da Mariña.
21.30h. No Círculo Habanero. VERBENA DE TARDE a cargo do grupo afamado Son de Camagüey.