O IV Xove Costa Trail 2023 celebrarase os días 6 e 7 de maio. A organización abrirá as inscricións en febreiro.

Xa está listo o cartel do IV Xove Costa Trail 2023 que se celebrará os días 6 e 7 de maio. 

Desde a organización sinalan que “en breve presentaremos a páxina web, explicaremos o regulamento, e as bases de participación....e a principios de febreiro, abriremos inscricións en ChampionChipNorte”.

O evento está organizado por ACD Xove, que conta coa colaboración do Concello de Xove, Syca, Establecimientos Rey, Xunta de Galicia, Roq Deporte e Aventura, Asociación de Comerciantes de Xove e Komando Xoviético.