O libro "Un año contigo" de Raquel Amieiro e Pepe Peinó preséntase o 24 de xuño na Casa da Cultura de Foz.

O salón de actos da Casa da Cultura de Foz acolle a presentación do libro Un año contigo de Raquel Amieiro e Pepe Peinó. O acto terá lugar este venres, 24 de xuño, ás 20:00 horas.

Xunto aos autores intervirá a psicóloga Teresa Pérez.

A presentación estará amenizada musicalmente polas cancións interpretadas por Aída Río.
Un año contigo aborda a experiencia persoal de Raquel Amieiro desde que, no ano 2019, diagnosticáronlle un tumor maligno nunha mama. A través das páxinas do libro vainos contando a súa vida durante ese fatídico ano, espallando entre os detalles médicos todas as vivencias e reflexións que, inevitablemente, acompañan o proceso.