O local da asociación cultural O Castro, de Vilaronte, acollerá o 23 de febreiro a estrea da obra "Un divorcio no pobo", a cargo do grupo de teatro Axóuxeres.

O local da Asociación Cultural O Castro, de Vilaronte, acollerá o estreo da obra titulada Un divorcio no pobo, do grupo de teatro Axóuxeres, desta mesma parroquia focense. Será o día 23 deste mes, sábado, ás 21:00 horas.

A obra está dirixida por Benito García Bolaño e a súa estrea en Vilaronte está organizada pola Asociación Cultural O Castro coa colaboración do Concello de Foz.