O mago David Méndez actúa o 9 de xaneiro na Casa da Cultura do Valadouro. É preciso reservar entrada.

O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá este sábado, 9 de xaneiro, ás 19:00 horas a actuación do mago David Méndez. 

Esta actividade está incluída no programa cultural de Nadal organizado pola Deputación de Lugo.

O salón de actos ten limitado o aforo conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19 e pódese reservar a entrada chamando ao 982.57.15.16.