O Mercado da Ilusión de Foz estará na Avenida da Mariña ata o 31 de decembro. Hai postos de artesáns galegos, asturianos e leoneses.

O Mercado da Ilusión de Foz, que abriu onte á tarde, ten este ano unha nova situación, na avenida da Mariña. Conta con seis artesáns de Galicia, Asturias e León que se mostran moi satisfeitos pola novo lugar de celebración. Este mercado de Nadal estará aberto ata o 31 de decembro.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou onte que “onte, martes 26, comezou o Mercado de Nadal no concello de Foz, situado este ano na Avenida da Mariña. Son seis artesáns de diferentes puntos do norte: galegos, asturianos e leoneses”.

Javier Castiñeira salienta que “a nova situación é unha novidade para todos, moi preto de onde está ubicada tamén a árbore de Nadal, no centro da avenida da Mariña, na confluencia con Xoan Montes”.

O rexedor subliña que “os artesáns este ano están moi contentos e nos postos mellorase con moito as ubicacións pasadas. Estarán ata o día 31, polo que aproveitan practicamente toda esta semana”.

Castiñeira comenta que “hai artesáns de todo tipo: desde unha caseta para xoguetes, outra con artesanía de lá, con coiro e artesanía tamén con pedrería”.

Para o alcalde “é unha cousa diferente que non temos no pobo, que ambienta moito e dá ao núcleo urbano, xa coa iluminación máis o mercado, un aspecto de Nadal auténtico. Estamos moi contentos”.

Javier Castiñeira quere “desexarlles moita sorte aos artesáns e agradecerlles novamente a confianza. Tamén estamos contentos porque dixeron que para o ano que vén se segue esta ubicación poderán ampliar probablemente unha semana máis este mercado”.