O Mondoñedo FC celebra unha cea baile o 11 de novembro

O Mondoñedo Fútbol Club celebrará unha cea baile o sábado 11 de novembro ás 22:00 horas no establecemento mindoniense Finca San Antonio.

Estará amenizada polo dúo Belinda e menú é o seguinte: chacina, empanada, pescada á galega, solombo de cocho, viño, sobremesa, café e chupito. O prezo son 30 euros por persoa e as entradas están á venda en O Palique, Cafetería Segundo e o Rincón de Mondoñedo.