O programa Noites Alternativas de Foz comeza o 10 de xullo. Haberá fútbol praia, fútbol sala, volei praia, baloncesto e patinaxe.

O programa Noites Alternativas de Foz comezará este vindeiro luns, día 10, e foi presentado pola concelleira de Xuventude e Deportes, Mercedes González, e por Ibán García, da empresa IG10. Haberá fútbol praia, fútbol sala, volei praia, baloncesto e patinaxe e as actividades desenvolveranse no Campo da Cabana e na praia da Rapadoira.

Dende a organización explican que “é un programa completo que enche as noites do verán de deporte para mozos e mozas. Participa tanto xente nova de Foz e doutros concellos da Mariña como doutros lugares de España, que están a pasar as súas vacacións aquí. A inscrición faise ao inicio da actividade. Se algún rapaz ou rapaza dubida en participar por non ter grupo, non hai problema; o primeiro día formamos equipos. Este programa ten un gran éxito todos os veráns e axuda a formar amizades entre persoas que veranean en Foz e xente de aquí”.