O Resort Las Sirenas, de Viveiro, celebra o "Adeus 2020" cunha cea especial de fin de ano.

Dentro dos condicionantes que se impoñen nestes tempos, o Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro (Lugo) non perde a súa festa de despedida do ano, nesta ocasión con máis gañas ca nunca, xa que na noite do 31 de decembro acollerá a súa tradicional cea de fin de ano.

Dadas as restriccións de horario marcadas polas autoridades, nesta ocasión o protagonismo da noitevella será máis para a gastronomía e menos para a festa, que durará pouco tempo tra-las badaladas.

O menú que se ofrecerá para despedir o ano inclúe Salpicón de Lumbrigante; Vieira en dúas preparacións; Pescada do pincho de Burela rechea de marisco, cama de panadeira e salsa de porros; Sorbete de mojito; e Solombo de Ternera Gallega albardado, foie micuit, pataca bastón e atado de trigueiros.

Ademais da cea de fin de ano, o Hotel Thalasso Cantábrico ofrece tamén un paquete que inclúe aloxamento e circuíto de thalassoterapia, con diferentes ofertas que se poden consultar directamente no resort ou no teléfono 982560200.