O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o 28 de decembro a Gala da Maxia, na que se darán cita catro magos.

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o 28 de decembro unha Gala da Maxia.

A gala dará comezo ás 20:30 horas e contará coa participación dos magos Alejandro Revuelta, Martilda, Mago Paco e Mago Rafa. O prezo da entrada é de 5 euros e 3 euros para estudantes e xubilados. A reserva de entradas pódese facer a través do teléfono 982 560 162 ou rbg.cultura@viveiro.es

O mentalista Alejandro Revuelta presenta un espectáculo baseado na nova visión do mentalismo, a través da palabra e do verso, e ven de ser galardoado en certames como Mundeca 2014.

Martilda mostra un espectáculo para toda a familia non falto de humor e reivindicación.

O Mago Paco é un dos magos galegos especializado en maxia infantil e presenta espectáculos inspirados no mundo fantástico nos que fusiona a maxia con outras artes escénicas como a música, o baile, o teatro, o clown ou os títeres.

O Mago Rafa conxuga nos seus espectáculos o humor, unha escenografía moderna e unha maxia moi orixinal que comunica a través do absurdo e do cotidiano.