O VIII Festival Bal y Gay chega o 21 de agosto a Burela. E o día 29 haberá un novo Rastrillo Popular Solidario.

Cine e música son as propostas da axenda cultural de Burela para esta semana. 

Este mércores, 18 de agosto, volverá o cine ao aire libre. Ese día terá lugar unha nova sesión de Cine na Rúa coa proxección da película Abominable. Será na Praza da Mariña a partir das 22:00 horas.

O sábado, 21 de agosto, a Orquestra de Cámara do Festival Bal y Gay presentará O Amor Bruxo de Falla, baixo a dirección de Jaume Santonja e coa cantaora María Toledo. A actuación terá lugar no Auditorio de Burela e dará comezo ás 20:30 horas. A reserva de entradas pódese facer en www.festivalbalygay.com. 

Rastrillo Popular Solidario
E o 29 de agosto terá lugar unha nova edición do Rastrillo Popular Solidario, que organiza a Concellería de Cultura. Será na Praza da Mariña de 10 a 15 horas. As persoas interesadas en participar poden anotarse xa chamando aos seguintes números de teléfono: 982 58 11 41 ou 608 15 81 70. 

O edil José Díaz anima “á veciñanza de Burela e do resto da comarca así como aos visitantes a aproveitar para gozar da cultura de xeito seguro, con protocolos covid, utilización de máscaras e xel hidroalcohólico e seguindo as normas sanitarias vixentes en cada momento”.