O XXXVII Desfile de Entroido de Foz, que terá lugar o 10 de febreiro, repartirá 7.000 euros en premios.

Tras o éxito da cea de coroación do Rei do Entroido focense a festa continúa o xoves, 8 de febreiro, coa celebración do Xoves de Comadres nunha cea-baile no Restaurante Leytón ás 21:30 horas, organizada por AFFAMER e a Asociación de Amas de Casa de Foz.

O venres, 9 de febreiro, terá lugar o Pregón do Entroido 2018 a cargo de Fálame Sempre. Será na Sala Bahía ás 20:00 horas. De seguido desenvolverase o Concurso de Coplas a partires das 20:30 horas tamén na Sala Bahía.

O sábado, 10 de febreiro, ás 10:00 horas será o fogonazo e durante todo  o día actuará Perkusiona Escolas de Batukada. Ás 17:00 horas dará comezo o Desfile de Entroido no que se repartirán máis de 7.000 euros en premios. Ao remate haberá unha chocolatada no Campo da Cabana. Ás 23:30 horas terá lugar un Gran Baile na Sala Bahía coas orquestras Gran Parada e Jerusalén, e á 1:30 horas procederase á entrega de premios do desfile. 

O domingo, 11 de febreiro, será o Día Infantil e ás 17:00 horas celebrarase un baile infantil na Sala Bahía co Show de Los Minions, inchables e talleres para nen@s. Ás 19:00 horas entregaranse os premios infantís, e ás 20:00 horas terá lugar o Touporroutou no salón de actos do colexio Martínez Otero, que organiza a asociación Pomba do Arco.

O luns, 12 de febreiro, Día do Entroido, ás 20:00 horas celebrarase o tradicional Baile de Entroido na Sala Bahía co Grupo Fénix e Disco Móvil Moraima no Gran Baile do Farolillo.

O martes, 13 de febreiro, ás 17:00 horas na Sala Bahía haberá un gran baile infantil amenizado polo grupo de animación Decibelios Eventos e inchables, que organiza a Asociación de Amas de Casa Virxe do Carme.

O venres, 16 de febreiro, será a Queima do Entroido que dará comezo ás 22:00 horas coa saída da comitiva fúnebre desde o Campo da Cabana ata o peirao de Foz onde terá lugar a queima. Haberá un ágape para os asistentes.

Todo este programa está organizado pola delegación de Cultura do Concello de Foz, Espectáculos Pico SL e a asociación Sempre Foz.