A obra de teatro musical programada para o 7 de novembro en Foz suspéndese pola indisposición dun dos actores.

A obra de teatro musical Carapuchiña Vermella, da compañía Educateatro Producións, que estaba programada para este sábado, 7 de novembro, na Sala Bahía, de Foz, suspéndense debido á indisposición dun dos actores que forman parte do elenco artístico desa representación.

Anunciouno esta tarde a concelleira de Cultura, Inés López Couto, despois de recibir o aviso da compañía teatral.