A observación astronómica prevista para hoxe en Ribadeo queda posposta para o 28 de agosto.

A observación astronómica prevista para hoxe en Ribadeo queda posposta para o vindeiro domingo, 28 de agosto, por mor da climatoloxía adversa para a realización desta actividade. 

A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, xunto co programa O teu Xacobeo organizan en varios concellos de Galicia o programa de astronomía A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do camiño. 

En Ribadeo esta cita, coa que colabora o Concello, terá lugar finalmente este domingo, dia 28. Comezará as 21:00 horas na Casa do Mar cunha charla sobre temas astronómicos de interese. E despois haberá unha observación astronómica na Praia dos Bloques ás 21:45 horas coa que se completará unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas ao mesmo tempo que se goza dunha noite de verán.

As prazas para asistir a esta observación astronómica xa están esgotadas.