Os actos organizados polo Concello de Xove para conmemorar o Día Internacional da Violencia contra a muller serán os días 23 e 24 de novembro

O día 23 no salón de actos do Centro Cívico ás 11:30 horas terá lugar unha obra de teatro. Trátase da representación de As fillas de Momán. 

E o 24, venres, a Casa do Concello será iluminada para a ocasión e procederase a colocar un gran lazo pola eliminación da violencia contra a muller. 

Os actos están organizados pola Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Xove.