Os Aventados concédenlle o premio Árdelle o Eixo 2018 a Emilio Méndez, da Finca Galea, e o premio Árdelle o carro a Renfe-Feve.

A Asociación Cultural Mariñana “OS AVENTADOS” , no salón de actos do Complexo Cultural RegalXunqueira en Viveiro. Na rolda de prensa na que participan Pablo Mosquera, presidente da asociación, Otero Regal, vicepresidente e Abella o Secretario, dan a coñecer os premiados deste ano 2018, como se ven facendo dende os últimos 13 anos.
 
O premio ARDELLE O EIXO para aquela persoa, animal ou cousa do norte galego que se distinguiran pola sua labor social, política, artística, deportiva, industruial, medioambiental e de conservación do patrimonio:
 
Emilio Méndez Corral da Finca Galea
 
Polo traballo desarrollado nas ultimas décadas por poñer en valor o espacio agrícola, como era Finca Galea en un complexo, onde se rinde homexa o médio ambiente a ecoloxía a cultura galega e as suas tradicións.
 
O premio ARDELLE O CARRO adicado a aquela persoa, animal ou cousa do norte galego que se distingue o cavo do ano pola sua nefasta xestión no ámbito social, político, artístico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Os premios seran en ámbolos casos unhas esculturas de cerámica do compañeiro en argalladas Otero Regal, non levaran consigo ningunha gratificación económica nin lucrativa:
 
RENFE – FEVE
 
Os gobernos do PP, pasaron das afirmacións do que por entonces era Ministro de Fomento, Álvarez Cascos, de que iban a construir un tren de alta velocidade, desde Ferrol a Irún, a desfacer o que tiñamos, xa que a liña de via estreita que bordea a cornisa cantábrica e que chegou tarde mal e a rastro, está sendo desmantelada a marchas forzadas, para xustificar que co seu non uso, a sua desaparición, retrasos, lentitude, falta de rivisores para cobrar os viaxes, suspensión dos mismos e todo isto día si e día tamén. 
 
E posteriormente, fai catro anos, creanse os premios A TODA UNHA VIDA, adicados a unha persoa pola sua traxectoria profesional, social, vital e persoal:
 
Carlos Diaz Mariño “Carolino” vocalista da orquesta Variedades
Viveiro é unha terra de músicos e de orquestas, ainda que baixaron enormemente, pero ademais dos que tocan os instrumentos, unha parte moi importante das orquetas son os vocalistas.
Carlos Diaz Mariño, foi durante décadas o vacalista da orquesta Variedades de Viveiro, hoxe fatalmente desaparecida.
Home bo e xeneroso, bo cantante, e trais a desaparición da orquesta, pasa a formar parte de Escolma de Meus.
O norte galego e tamén o asturiano, recordan con agarimo as baladas, pasodobles e rancheras, que os fixeron namorarse, quererse e vivir a vida.
 
Premio a Labor social en A Mariña:
 
Observatorio da Mariña póla Igualdade
A pesar de que a relación social da muller en Galicia sempre tivo un caracter matriarcal, mais marcado que no resto do estado, a chegada dunha nova sociedade, costumes e traballos, propiciaron un estacionamento na valoración da muller, que segue marxinada en soldos, traballos e relacións sociais.
Un grupo de mulleres, O Observatorio da Mariña póla Igualdade, leva anos propiciando unha labor de defensa e posta en valor da muller, con actividades, cursos, concertos, exposicións... que tivo como un feito importante a manifestación do pasado 8 de marzo.
 
Premio a iniciativa empresarial e calidade a:
 
• Restaurante “A chabola”
Ainda que leva pouco tempo aberto, caracterizase, ademais de póla decoración, póla relación calidade precio, a utilizacion de productos da zona, sobre todo do porto de Celeiro e tamén unha atención esmerada o cliente.
 
• Restaurante O Piano de Ribadeo
Un dos restaurantes mais veteranos da Mariña, donde se poden degustar as mellores carnes e pescados, xunto cunha cociña que mezcla tradición e modernidade, asi como unha delicada atención os clientes que paran a comer a entrada de Ribadeo
 
• Restaurante a Lonja de Burela
Por ser un restaurante, que en poucos anos, consigueu unha gran fama, situado na parte superior da lonxa, de ahi que se degusten os mellores peixes e mariscos de Burela
 
Aventado de honra
Lino Rico Fernandez, profesor, compositor e interprete
 
Este ano otorgamos o premio o Home Bo e Xeneroso da Mariña 2018, a:
Vicente Vazquez Lozano “Mariñeiro”
 
Mariñeiro de San Ciprian, expatron e loitador incansable, por defender o sector do mar e en particular da pesca de baixura e que protagonizou fai pouco tempo un feito moi sobresalinte, cando a golpe de remo entre as fortes olas, foi en socorro dun compañeiro mariñeiro, o que se lle estrepeou a lancha na entrada do porto de San Ciprian, arriesgando a sua vida, xendo do gran aventado Pillado.