Os concertos do festival Osa do Mar, o 18 e 19 de agosto, serán no campo de fútbol da Marosa, en Burela. O alcalde anima a asistir a esta cita.

O alcalde, Alfredo Llano, convida a asistir ao festival Osa do Mar que se celebra os días 18 e 19 de agosto na localidade. A novidade deste ano é que os concertos serán no campo de fútbol de A Marosa.

O rexedor burelés declarou que “volvemos ter outra edición do festival Osa do Mar este fin de semana, o venres 18 e o sábado 19. Imos ter unha nova edición deste festival que agrupa e ofrece o mellor de moitos grupos de músicas diferentes, de tal xeito que trata de satisfacer os gustos de moita xente, aínda que poden ter gustos dispares”.

O alcalde dixo que “se trata de ofrecer unha variedade e unha calidade extraordinaria a toda a xente que se achegue polo recinto do festival, que este ano vai ser dentro do campo de fútbol de A Marosa”.

Alfredo Llano salientou que “como alcalde me gustaría animar á xente que estea por aquí cerca e que queira achegarse ata Burela a asistir a este festival. Estaremos encantados de que veñan por aquí porque por un lado van escoitar boa música e grandes grupos, pero por outro tamén van ten a oportunidade de visitar o noso concello e pódelles quedar a satisfacción de repetir esta experiencia cando gusten. Desde o Concello invitamos a todos aqueles que queiran achegarse tanto da comarca como de fora, do resto da provincia e de Galicia, que se acheguen porque vai merecer moito a pena”.