Os Concertos do Xacobeo chegan os días 4 e 5 de novembro a San Ciprián con Tanxugueiras e Roi Casal.

No marco do ciclo de Concertos do Xacobeo, chegan a Cervo Tanxugueiras o 4 de novembro e Roi Casal o 5 de novembro.

O concerto de Tanxugueiras, que tivera que aprazarse por mor do mal tempo hai semanas, dará comezo ás 20.00 horas na Praza dos Campos, en San Ciprián. Será o vindeiro venres, 4 de novembro.

E  no mesmo escenario, na Praza dos Campos, actuará Roi Casal ao día seguinte, o 5 de novembro, a partir das nove da noite.

A entrada para ambos concertos é libre. Desde o Concello de Cervo animan a asistir: “non podedes perdervos esta gran homenaxe á Cultura Galega”.