Os días 10 e 17 de novembro haberá cine en galego no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. Serán tres proxeccións.

O ciclo titulado "Emocionate en galego" preséntase no Teatro Pastor Díaz de Viveiro os días 10 e 17 deste mes de novembro.

O día 10, haberá dúas sesións, ás 18:30 e as 20:30 horas. A primeira película será "Maimiño" de Ernesto Padrón e Ficción Producciones. Tamén o venres 10 proxectarase "Os días afogados" de César Souto Vilanova e Luís Avilés Baquero, e Amanita Films.

O 17 de novembro rematará este ciclo co film "Fíos fóra" de Illa Bufarda e Amarante Setem. Será a partires das 20:30 horas.

Esta actividade está promovida polo Concello de Viveiro e a Xunta de Galicia.