Os días 16 e 17 de setembro terá lugar a tradicional Romaría da Santa Eufemia no Burgo de Trasbar, en Cervo.

Un ano máis o Burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coa súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante dous días: o sábado 16 e o domingo17 de setembro.

Dous días de festa
Os actos comezarán o sábado, ás sete da mañá, coa elaboración da alfombra floral. A misa será ás 13.00h, cantada polo coro de Cervo, a continuación procesión e ao remate, todos os devotos que queiran poden achegarse a poñer a Santa. A sesión vermú que virá de seguido correrá a cargo da orquestra Magos.Xa pola noite, as orquestrasMagoseDúo E-pok serán as encargadas da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de balde.

O domingo a misa será ás 13.15h, cantada polo coro de Cervo, seguida da procesión e a sesión vermú a cargo do dúoE-Pok, dando por rematado así o programa festivo deste ano. 

Agradecementos
Dende o colectivo veciñal agradecen moi especialmente o gran esforzo económico que fan os veciños de Trasbar, así como a axudade empresas e establecementosque colaboran e, tamén dun xeito especial,do Concello de Cervo.