Os días 23 e 24 de xuño, fin de semana sen ive en varios establecementos comerciais asociados ao CCA de Foz.

Chega a fin de semana sen IVE a varios establecementos comerciais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz. Durante os días 23 e 24 de xuño, coincidindo coa IV Festa Vintage, haberá descontos especiais en 5 Lobiños, Chinela Nenos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Lourdes Lencería y Baño, María Docampo, Vagaluz, Vas’s, Vas’s Outlet e Zapatería Carmen León. 

Todo está listo en Foz para a celebración da 4ª Festa Vintage, que nesta ocasión estará dedicada aos anos 80. Durante toda a fin de semana haberá moitas actividades, tapas e menús vintage e o sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra. 

Un total de 15 locais hostaleiros ofrecerán durante as dúas xornadas, 23 e 24 de xuño, tapas vintage a 1,50 euros e menús vintage por 15 euros. Os participantes son: A Funcional, A Viela, Aroma, Anduriña, Mayros, Costumes do Mar, Fraggle Rock, Marexada, O Carro, Portovello, Dandy, Fina, Xoyma, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón. 

O sábado, 24 de xuño, na carpa que estará instalada diante do Concello actuará a partir das 20 horas o grupo Sons Varadero y ás 20:45 horas dará comezo o sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra, repartidos nun vale de 500 euros e 5 de 100 euros cada un. 

Aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio focense asociado os días 23 e 24 poderán cambiar os seus tíckets para participar neste sorteo o mesmo sábado entre as 12 e as 14 horas e de 17 a 20:30 horas na mesma carpa.

Os 25 establecementos comerciais que se dan cita na 4ª Festa Vintage, de Foz, son: 5 Lobiños, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación Servicio Foz, Estación Servicio La Ola, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Lencería y Baño, Mapfre, María Docampo, Pastelería Anduriña, Suministros Veipa, Vagaluz, Vas’s, Vas’s Outlet, Viajes Rodríguez e Zapatería Carmen León.