Os días 8 e 9 de novembro ten lugar en Viveiro unha nova edición da campaña Shopping Weekend, que organiza o CCH.

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 8 e o sábado 9 de novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar afin de semana facendo compras nos 57comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Esta é unha das edicións máis concurrida en canto ó número de locais participantes de tódalas que se levan realizado. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración,agasallos, perfumería, beleza e benestar,artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías  etc.

Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nosescaparates.Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.

Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercandono comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións,xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.