Os máis pequenos poderán disfrutar o 8 de abril en Viveiro do espectáculo "Mariña, contos nacidos no mar", de Raquel Queizás.

Dentro do programa Ler conta moito, a biblioteca pública de Viveiro acollerá o 8 de abril, ás 12:00 horas, o espectáculo "Mariña, contos nacidos no mar" de Raquel Queizás.

As entradas poden recollerse de maneira gratuíta os días 5, 6 e 7 de abril na propia biblioteca. O aforo é limitado e desde a organización agradécese aos pais que non ocupen prazas, asegurando que o espectáculo está pensado para o disfrute dos nen@s e os adultos poden esperar na entrada ata que remate.

A historia de "Mariña" é a dunha serea galega que viviu entre nós fai moitos anos, e que contaba ao seu fillo lendas e mitos dos seres mariños que poboan os fondos do mar. Mariña sae agora da auga para compartir todas as súas historias.

Este espectáculo de contos para nenos e nenas a partir de 3 anos e público familiar, ten unha duración de 45 minutos, e está creado, dirixido e interpretado por Raquel Queizás.