Os Sendeiros, de Foz, farán unha ruta en Fonsagrada o 24 de marzo

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 24 de marzo, domingo, a ruta Seimeira de Vilagocende, no concello da Fonsagrada. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar de cocido, son: 55 euros para socios federados, 60 euros para socios non federados e 65 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 19 de marzo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de 8,5 quilómetros con dificultade media-alta, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.