Os Sendeiros de Foz inician o 22 de xullo os andareiros de verán. A primeira ruta discorrerá por Foz.

A asociación Sendeiros de Foz comeza os andareiros de verán este sábado, 22 de xullo.

A primeira ruta percorrerá Foz, e a saída será ás 9:00 horas do Concello.

Para participar é preciso anotarse. Pode facerse as inscricións nos teléfonos 676 561 594 ou 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es, ata o xoves 20 de xullo. O prezo é 4 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio.

O nivel de dificultade da ruta é medio, e a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e auga e comida para o camiño.

Colabora na organización desta actividade o Concello de Foz.